Obradoiros, discurshows, ludiconferencias, cafés... a vida prolifera no planeta Discurshow. Despois de longos anos de colisións entre partículas no noso laboratorio conseguimos dar forma a unha ampla variedade de experiencias con grande diversidade de formatos. Ao colisionarmos Ciencia e Arte Dramática aparecen ás veces produtos inesperados, partículas escénicas de alta enerxía con grande capacidade de penetración, adaptábeis a practicamente todo tipo de públicos e espazos.
Non é exactamente unha charla, un discurso. Non é estritamente teatro, nin un show. É un pouco de todo: É un DISCURSHOW. O seu obxectivo é transmitir coñecemento de un xeito atractivo e divertido, mais sen abandonar o rigor. Os DSW son espectáculos pensados para todo tipo de públicos e tratan temas relacionados coa ciencia e o coñecemento.
DISCURSHOW | Dramatizamos a ciencia! | DISCURSHOW | Ludiconferencias espectaculares!! | DISCURSHOW | Comprenderás todo cando o vexas :)
A normalización da presenza feminina empoderada nos diversos ámbitos da vida en sociedade parece ter collido despreparada e despistada a masculinidade rampante e confiada. [Estrea en espera] +info
A combustión indiscriminada de materiais fósiles está provocando un aquecemento inesperado do noso planeta. O xeito de nos locomover está en proceso de transformación. Pé no Pedal! O transporte en tempos de crise climática. +info
En órbita un novo Xperimenta!, os nosos obradoiros espectaculares de divulgación. Con Orbitamos! saímos ao espazo exterior á procura de orientación. +info
Aprender a coñecer os mecanismos e estratexias que usa o noso cerebro para se relacionar co entorno permítenos desenvolver técnicas que operen satisfactoriamente en caso de disfunción. [LAB]out! +info
Tras un repaso ás perspectivas que a termodinámica anuncia para os próximos anos, HABITO TERRA propón o reforzamento das nosas habilidades comunitarias desde a fraternidade e a consciencia global. +info
Código Sapiens trata sobre as orixes da linguaxe, na ardua tentativa de entender por que raio será que falamos. Xurxo Mariño e Vicente Mohedano asinan esta produción, defendida agora en escena por Vicente... en solitario!! +info
Ovellas, cifras, dedos, códigos... Voute contar mergulla nas orixes da arte de contar. Contar, contar! Que manía de contar e medir todo con números! +info
Eu quería ver polas orellas. Así podería mirar de lado. E ollar por detrás non estaría nada mal... Non sei, penso que algo falta nas orellas para elas conseguiren ver... Como raio fan os ollos para ver? Xperimenta! +info
Rede Cultural da Deputación da Coruña
Se ves que tal, fala connosco! ;)
Peripecious ofrece esta versión dos nosos shows, adaptada ao programa ALICERCE da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Se ves que tal, fala connosco! ;)
Este ano 2021 participamos no programa Ler Conta Moito con 3 minishows, conducidos por Vicente Mohedano:
Se ves que tal, fala connosco! ;)
Os nosos espectáculos participan no programa Pontegal 2021 da Deputación de Pontevedra agrupados baixo o nome DISCURSHOW
Se ves que tal, fala connosco! ;)
Auditorio Municipal de RIANXO
[Público escolar::IES Félix Muriel]
Rede Cultural da Deputación da Coruña