Resulta bastante habitual acharmos que o progreso (o Progreso!) irá conducindo eternamente a nosa civilización nun crecemento fantástico, continuo, progresivo, imparábel!
Pois...
Se pretendemos crecer eternamente, pra as contas sairen precisaremos tamén de un mundo cando menos infinito. E aínda que a inmensidade do Universo nos rodea, a vida da nosa delicada e fráxil especie ten profundas raíces na nosa Terra.
Entón...
Tal vez vai sendo hora de cultivar e revisar con consciencia global as actitudes e hábitos que habitan o noso día a día.
É fácil recoñecermos que o noso comportamento individual no día a día ten impacto real sobre a colectividade á que pertencemos. E viceversa. A nosa especie confórmanos como seres sociais, con grande consciencia grupal e cunha necesidade imperiosa de recoñecemento.
É demasiado importante recoñecermos que o noso comportamento colectivo no día a día ten impacto real sobre a vida no planeta.