Codigo_ALFA.png

Era todo tan simple!!

Homes e mulleres podían entender con facilidade os papeis que debían xogar na colectividade, as actitudes que debían cultivar para se integraren socialmente. Macho! Será que é así tan necesario revirar e cuestionar dese xeito temas que poucas xeracións atrás parecían de sentido común?

O lento asentamento do feminismo nas nosas sociedades, como elemento democrático incentivador de xustiza e de igualdade entre individuos, é percibido por diversos sectores como unha fonte desestabilizadora que violenta e subverte os consensos tradicionais. A maiores, a normalización da presenza feminina empoderada nos diversos ámbitos da vida en sociedade parece ter collido despreparada e despistada a masculinidade rampante e confiada.

MASCULINIDADE EN CONFLITO

MASCULINIDADE EN CONSTRUCIÓN

2016 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos